Negro, Carlos

Non cantan os paxaros neste bosque / Carlos Negro - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2021 - 107 p. ;21cm - Fóra de xogo ;193 .

O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sofá preferido. É a hora de experimentar o pracer nada culpable do medo. Porque neste bosque de relatos os paxaros non cantan. E o misterio segue aí, a agardar por nós, como unha pantasma familiar, como un desasosego que nos leva de viaxe ao territorio do alén.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788491217961


Medo
Aventuras
Misterio

821.134.4-1"19"

Coa tecnoloxía Koha