Gracián, Ánxela (1968-)

Donas de nós : traxicomedia en tres actos e un happy end para un conto de fadas / Ánxela Gracián - 1ª ed. - A Coruña : Baía , 2022 - 91 p. ; 19 cm. - (Colección Meiga Moira ; 38) .

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos. Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo. coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.

9788499954066


Feminismo --Libros infantiles
Feminismo--Libros infantís
Camiño de Santiago
Ruptura de estereotipos
Mujer / Muller

82-252(460.11):087.5 821.134.4-2"20":087.5

Coa tecnoloxía Koha