Vista normal Vista MARC Vista ISBD

O infinito nun xunco : a invención dos libros no mundo antigo / Irene Vallejo ; tradución, María López Suárez

por Vallejo Moreu, Irene (1979-) [autor/a]; María López Suárez [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Ensaio.Editor: Vigo : Xerais , 2021 Descrición: 473 p. ; 23 cm.ISBN: 9788491218432.Materia(s): Libros -- - Historia -- - Ata 5º século | Libros -- - Historia -- - Hasta 5º sigloResumo: «O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... «O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Manuel García Barros
Sala préstamo
02 VAL inf Dispoñible PED018000023356

«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores... «O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.

Coa tecnoloxía Koha