Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Un biolo na noite / Ana Abad de Larriva

por Abad de Larriva, Ana [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Deputación de Pontevedra , Xuño de 2021 Edición: 1ª.Descrición: 16 p. ;21 cm.ISBN: Non consta.Materia(s): Política -- Represión franquista | Feminismo | Tui -- Alcaldes de TuiResumo: Este texto teatral naceu a partir de coñecer a triste historia de Guillermo Vicente Santiago, o último alcalde republicano de Tui, que logo do golpe de estado franquista e da cruenta represión que o seguiu, tivo que vivir agochado nun furado na adega da casa da súa nai en Pintán, enfermo de tuberculose. Morreu alí, despois de case catro anos, e tivo que ser enterrado en segredo nese mesmo burato, para que non houbese represalias contra a familia. Mais o detonante desta peza foi saber como a súa nai, María, unha muller xa maior, percorría habitualmente os montes de Oia para irlle buscar as menciñas a Sabarís, facendo máis de seis horas de camiño, no seu burriño ou a pé, chovese, dese o sol ou ventase; unhas menciñas que lle receitaba en segredo o médico Darío Álvarez Blázquez sen poder ver o doente. Ademais, a muller tamén vendía roscas e outros produtos nas feiras para poder manterse e coidar do fillo enfermo. Porén, non sobreviviría moito ao fillo, pois morreu tan só un ano e medio despois del. "Un biolo na noite" xorde, pois, como unha lembranza a María e a Guillermo, ao que tiveron que vivir; e sobre todo como unha homenaxe escénica poética, libre, a unha muller que, como tantas, atravesou a noite, en silencio, para abrir un biolo no medio da escuridade.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Manuel García Barros
Sala préstamo
869.9-2 ABA bio Dispoñible PED018000023485

Obra gañadora I Certame de Microteatro da Memoria 2021

Este texto teatral naceu a partir de coñecer a triste historia de Guillermo Vicente Santiago, o último alcalde republicano de Tui, que logo do golpe de estado franquista e da cruenta represión que o seguiu, tivo que vivir agochado nun furado na adega da casa da súa nai en Pintán, enfermo de tuberculose. Morreu alí, despois de case catro anos, e tivo que ser enterrado en segredo nese mesmo burato, para que non houbese represalias contra a familia.
Mais o detonante desta peza foi saber como a súa nai, María, unha muller xa maior, percorría habitualmente os montes de Oia para irlle buscar as menciñas a Sabarís, facendo máis de seis horas de camiño, no seu burriño ou a pé, chovese, dese o sol ou ventase; unhas menciñas que lle receitaba en segredo o médico Darío Álvarez Blázquez sen poder ver o doente. Ademais, a muller tamén vendía roscas e outros produtos nas feiras para poder manterse e coidar do fillo enfermo. Porén, non sobreviviría moito ao fillo, pois morreu tan só un ano e medio despois del.
"Un biolo na noite" xorde, pois, como unha lembranza a María e a Guillermo, ao que tiveron que vivir; e sobre todo como unha homenaxe escénica poética, libre, a unha muller que, como tantas, atravesou a noite, en silencio, para abrir un biolo no medio da escuridade.

3º-4º ESO

1º-2º BAC

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha